IniciosociedadeO acceso aos baños das Catedrais e Os Castros será de pago

O acceso aos baños das Catedrais e Os Castros será de pago

O Concello de Ribadeo establece o custo dun euro para utilizar o servizo nos dous areais que teñen a bandeira azul, a fin de "ser exemplares na limpeza, desinfección e bo uso"

Publicada o

- Advertisement -

Os baños das praias da Catedrais e Os Castros serán de pago este verán, segundo anunciou o concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Jorge Díaz. O prezo do acceso será de un euro por persoa,

As Catedrais e Os Castros son os dous areais do municipio que acadaron a bandeira azul. “Queremos ser exemplares na limpeza dada a pandemia do Covid-19, referentes no bo uso das instalacións”, argumenta Díaz, que lembra que a entrada nos baños será, segundo o protocolo sanitario “dunha en unha persoa”, con posterior “desinfección”.

Díaz concretou que se abrirán os baños de Esteiro e Bloques, “cunha limpeza máis frecuente do habitual”, non así o das Illas.

O concelleiro reclamou a veciños e turistas “que todo o mundo sexa prudente, respecte a distancia de seguridade interpersoal e poña a máscara alomenos ata a súa chegada ao areal”.

O edil ribadense concreta que os areais terán a debida sinalización. “Estarán contidas as recomendacións de uso e medidas de seguridade”, expuxo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...