InicioPolíticaAlcoa, tema central do debate provincial "confinado" pola TVG

Alcoa, tema central do debate provincial “confinado” pola TVG

A perda da área sanitaria da Mariña ou os problemas co servizo de pediatría en Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo tamén se abordaron na cita electoral, emitida ás 10.00 horas de hoxe

Publicada o

- Advertisement -

Logo do debate electoral da noite do pasado luns, a Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) organizou catro debates provinciais de cara aos comicios autonómicos do 12 de xullo. As sete principais candidatas e candidatos pola circunscrición de Lugo participaron neste encontro, protagonizado pola situación de Alcoa e polo modelo de xestión das residencias de maiores.

O debate, moderado polo xornalista Francisco López Iglesias, foi gravado o 30 de xuño e a TVG escolleu as dez da mañá de hoxe para a súa emisión [preme aquí para velo], unha decisión criticada polo colectivo de traballadores ‘Defende a Galega‘. Precisamente, esta plataforma que reivindica a independencia da TVG estivo presente no debate xa dende o minuto de apertura, con apoios explícitos de Miguel Anxo Fernán Vello (Galicia en Común-Anova-Mareas) ou Patricia Otero (PSdeG).

Esa primeira intervención de cada candidato serviu como termómetro para o resto do debate. A tranquilidade de Elena Candia (PPdeG); unha perspectiva diferente e ambiental na participación de Iván Rodríguez Lombardero (Marea Galeguista); unha imaxe de preparación e ilusión de Olalla Rodil (BNG); unha sensación de certa incomodidade e pouca naturalidade nun José Ángel Gómez (Ciudadanos); e un calco de Sonia Teijeiro (Vox) do discurso que xa vimos por parte do seu candidato o pasado luns.

Preme abaixo para ler a crónica completa de Silvia López.

O debate electoral de Lugo para o 12-X: as residencias de maiores e Alcoa como protagonistas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...