Os cinco tripulantes do volanteiro Roymar, con base en Laxe, foron rescatados durante a madrugada deste mércores nun operativo no que participaron Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia, despois de que o buque se incendiase cando se atopaba a unhas 30 millas ao norte de Ribadeo.
DISPOSITIVO
A alerta recibiuse ás 1.13 horas. O centro de Salvamento Marítimo de Fisterra coordinou a emerxencia. Mobilizou ao helicóptero da Xunta de Galicia Pesca II e á embarcación Alioth. Tamén contactou con varios pesqueiros, de xeito que se dirixiron cara a zona outros cinco barcos.
O helicóptero Pesca II logrou rescatar ao cinco tripulantes, que abandonaran o buque e agardaban axuda nunha balsa salvavidas. Foron trasladados ao porto de Celeiro.
O 🚁 Pesca 2 rescatou esta noite aos 5 tripulantes do pesqueiro “Roymar” que sufriu incendio a 30 millas ao N de #Ribadeo. Foron trasladados a heliporto de Celeiro sans e salvos. Operativo coordinado por #CCS Fisterra @salvamentogob e nel participaron Salvamas Alioth e SAR Gavia. pic.twitter.com/BoYGTIwNOs
— Gardacostas Galicia (@GardacostasGal) September 19, 2018
MEDIDAS DE CONTROL AMBIENTAL
Dado que o barco non se afundiu e seguiu a arder, Alioth permanece desde a madrugada no lugar. Ás once da mañá, a embarcación será relevada polo buque Sar Gavia. Así, controlarase a situación por precaución e aplicar medidas de control ambiental e anticontaminación, de seren precisas.