EFE. Restos de cerámica duns 2.600 anos de antigüidade, probablemente da civilización da Antiga Grecia, foron achados mergullados nunha zona do litoral galego próxima á localidade lucense de Ribadeo, informa a Armada.
Un equipo de buceadores militares acharon eses restos nunha inspección aos vestixios do galeón San Giaccomo dei Galizia afundido na zona, como parte dun sondo previo á campaña de estudo que espera levar a cabo o próximo outono, sinala a Armada nun comunicado.
O equipo localizou particularmente cerca do galeón “dúas pezas de barro, unha xarra e un ánfora” que segundo as primeiras conclusións aínda preliminares poderían corresponder á cultura grega do século VI antes de Cristo.
“A confirmación deste último achado convertería este testemuño no obxecto máis antigo localizado no ámbito náutico en todo o norte peninsular” ibérico, sinala a Armada.
Engade que os elementos descubertos, un conxunto “alleo ao propio galeón“, incluiranse na carta arqueolóxica de pecios do ámbito castrense.