A poeta mariñá Laura Ramos Cuba (Burela, 1993) gañou a décimo primeira edición do premio de poesía Victoriano Taibo coa súa obra ‘A situación actual‘.
A escritora, graduada en xornalismo e comunicación audiovisual, recollerá o premio no auditorio Lois Tobío de Gondomar o 17 de novembro. Con esta distinción poderá publicar o seu primeiro libro.
“SINXELEZA E FONDURA”
O certame, que convocan o Concello de Gondomar e o Instituto de Estudios Miñoráns, valorou a poética “absolutamente contemporánea” da autora, con “sinxeleza e fondura ao mesmo tempo”.
Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta e Rafa Vilar integraron o xurado que elixiu a obra da escritora burelá.