A Deputación ultima as obras de mellora da estrada LU-P-5506, que comunica Augaxosa con Trabada. As actuacións suporán un investimento de 107.000 euros.
As actuacións, que afectaron a tres quilómetros -do punto 7,230 ao 10,230- da estrada, consistiron na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, na limpeza de cunetas e renovación da sinalización horizontal e vertical.
Esta vía é, segundo asegura a deputada de economía e alcaldesa, Mayra García Bermúdez, “a vía de comunicación máis importante deste concello coa capital de provincia”.
EN REDACCIÓN
A alcaldesa, que visitou as obras co presidente do goberno provincial, Darío Campos, anunciou que “neste momento estase redactando o proxecto para arranxar outros tres quilómetros deste mesmo vial. Así as cousas, Trabada xa ten melloradas todas as estradas principais que atravesan o Concello e polas que transitan máis vehículos”, concluíu.