InicioSucesosRescatan os tres tripulantes dunha embarcación de recreo que varou na enseada...

Rescatan os tres tripulantes dunha embarcación de recreo que varou na enseada de Illa Pancha

As tres persoas rescatadas levaban un par de horas na auga e precisaron da atención do 061

Publicada o

- Advertisement -

Tres tripulantes dunha embarcación de recreo varado na enseada de Illa Pancha, en Ribadeo, foron rescatados na tarde deste xoves. Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o rescate produciuse grazas a outro barco particular que se atopaba próximo ao grupo en atrancos no momento dos feitos.

Posto que os tripulantes da embarcación encallada xa levaban un par de horas dentro da auga, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia para que os puidesen atender ao chegar ao peirao de Ribadeo. Con estes datos, o 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, así como aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, e tamén aos membros de Protección Civil de Ribadeo.

Finalmente, as tres persoas foron conducidas ao porto a bordo da embarcación particular e, unha vez en terra, puideron ser atendidos polo equipo médico de urxencias. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...