IniciosociedadeA Xunta abre Burela e amplía o horario da hostalería na Mariña,...

A Xunta abre Burela e amplía o horario da hostalería na Mariña, aínda que mantén medidas de prevención

A partir da medianoite rematarán as restriccións de entrada e saída da vila; bares e restaurantes poderán pechar unha hora máis tarde, pero o límite do aforamento manterase no 50%

Publicada o

EFE. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, confirmou a apertura a entradas e saídas do termo municipal desde esta medianoite (00.00 horas), aínda que se manterán certas restricións como medida de precaución para evitar que o número de contaxios por coronavirus volva subir neste municipio, o máis afectado da Mariña polo brote. A vila permanecía illada desde o pasado 10 de xullo.

LLANO CHAMA Á PRUDENCIA

En declaracións a EFE, Llano recoñeceu que “saír do confinamento é unha cousa boa” para o seu municipio, aínda que tamén fixo chamamento á prudencia e a responsabilidade, porque se trata dun voto de “confianza” que “tamén hai que transmitir”. “Hai que ter moito control”, dixo o rexedor, quen tamén lembrou que se amplía “unha hora -ata a 1.00- o horario de peche” dos locais de hostalería na Mariña Lucense restrinxido como medida de precaución, aínda que se manteñen o “aforamento ao 50%” dos establecementos durante polo menos sete días máis.

O OCIO NOCTURNO SEGUIRÁ PECHADO

Tamén se manteñen os límites xerais de 60 persoas para actividades en espazos pechados e 150 ao aire libre. O ocio nocturno por agora non estará permitido, así como tampouco os botellóns nin tampouco as reunións superiores ás dez persoas non convivintes. Mantense o uso de máscara obrigatorio en espazos abertos e pechados, na hostalería en todo momento agás á hora de consumir bebidas ou alimentos. A Xunta avaliará en sete días se prorroga ou derroga estas medidas. Finalmente, o 881 00 20 21 é o teléfono para que as persoas non residentes na comarca se poñan en contacto con Sanidade, de padeceren síntomas, para seguimento de posibles casos importados.

41 POSITIVOS EN BURELA, 69 NA COMARCA

En canto á evolución do brote, precisou que agora mesmo en Burela “hai 41 casos activos” e “161 persoas están confinadas, 24 menos” das que había onte. Tamén precisou que na Mariña hai nestes momentos 69 positivos, con dous novos contaxiados e doce altas. Algúns gobernos locais confirmaron o número de contaxiados; en Viveiro hai dez; en Barreiros, dous; en Ribadeo, catro; en Cervo non se detecta ningún; en Foz, sete.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...