InicioPolíticaO BNG de Foz propón ao pleno esixir ao retirada do protocolo...

O BNG de Foz propón ao pleno esixir ao retirada do protocolo escolar da Xunta e implantar enfermería escolar

O grupo nacionalista levará estas dúas iniciativas á sesión plenaria deste xoves

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz presentará dúas mocións no pleno que se celebrará este xoves, propoñendo a retirada do protocolo de seguridade nos centros educativos elaborado pola Xunta de Galicia e para implantar o servizo de enfermería escolar nos mesmos.

Respecto do primeiro punto, que xerou unha fonda polémica na sociedade galega, cunha crítica practicamente unánime da comunidade educativa, o voceiro da formación frontista, Francisco Javier Fanego, sostén que “a única forma de garantir o distanciamento físico de seguridade é mediante a redución de ratios e o incremento de profesorado porque o ensino debera ser presencial, xa que é a única fórmula válida dende o punto de vista pedagóxico”.

“Tal e como aconteceu co fin do curso previo no que Xunta descargou a súa responsabilidade nos Concellos facendolles ter que colaborar na impresión de materiais didácticos e aportar conexión de internet a aquelas familias que carecían dela, todo parece indicar que intención do Goberno autonómico é que no comezo de curso sexan os equipos directivos e o profesorado quen teñan que asumir todas as medidas preventivas”, lamentou o Bloque focego, que conclúe que “manter este protocolo e inviable e presenta un altísimo risco de malfunción sanitaria e educativa para o vindeiro curso escolar”.

UN SERVIZO “MÁIS IMPORTANTE” SE CABE POLA PANDEMIA

Por outra banda, para o Bloque focego “a figura do enfermeiro ou enfermeira escolar xoga un papel relevante, sobre todo, para os nenos e mozos con problemas de saúde. O sistema educativo enfróntase a problemas difíciles de abordar sen a axuda dos profesionais”.

“Antes da pandemia da Covid-19 era importante implantar o servizo porque estes profesionais poden dar unha resposta rápida e urxente aos problemas de saúde escolar, ofrecer información sobre os problemas ou sobre os perigos de certas condutas e fomentar actitudes críticas, autónomas e solidarias no alumnado, pais e docentes. Estes profesionais dentro do centro educativo teñen a responsabilidade de proporcionar os coidados propios da súa competencia aos alumnos de modo directo, integral ou individualizado”, expón o BNG focego.

“A nivel autonómico é lamentable a actitude do Partido Popular, que en febreiro de 2020 con notable falla de previsión e evidente ausencia de miras, rexeitou a tramitación dunha Proposición non de Lei (PNL) no Parlamento galego para que se regulase esta figura nos centros educativos. Unha PNL avaliada por 32.821 sinaturas que contaba cos apoios de numerosos colectivos e asociacións autonómicas”, conclúe Fanego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...