InicioEconomíaReclaman o arranxo da N-634 tras permanecer a A-8 máis de doce...

Reclaman o arranxo da N-634 tras permanecer a A-8 máis de doce horas cortada pola néboa no Fiouco

O Concello de Mondoñedo lembra que a estrada que serve de alternativa ao corte da autovía "é dos anos 90" e presenta "un firme en mal estado, mala iluminación e deficiente pintado"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un tramo da autovía do Cantábrico A-8 entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín permanece pechado desde hai máis de doce horas pola intensa néboa que dificulta a visibilidade para o tráfico de vehículos, informa a Garda Civil.

Esa zona viaria do Alto do Fiouco, un monte que culmina a preto de 700 metros de altitude, é un punto habitual de formación de néboa que impide temporalmente o tráfico de vehículos e as autoridades decidiron a tarde do luns interromper a circulación por falta de visibilidade.

Trátase dun corte que interveu ás 20.42 horas do luns en ambos sentidos da circulación entre os quilómetros 536 e 552 da autovía.

Os vehículos son desviados, como é habitual nestas situacións, pola estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Mondoñedo.

Nos últimos días ese tramo da autovía xa foi cortado ao tráfico puntualmente e nos momentos en que permaneceu aberta mantívose con advertencias aos condutores sobre as deficiencias de visibilidade.

O goberno local de Mondoñedo reivindicou o “arranxo urxente” da estrada nacional N-634 ao seu paso polo termo municipal mindoniense, onde presenta “un firme en mal estado, con asfalto desgastado, mal pintada, mal iluminada e sen captadióptricos“.

“Todas estas deficiencias dificultan a circulación de vehículos en condicións de seguridade; especialmente en días de néboa coma estes nos que, e condicións climatolóxicas practicamente idénticas que as que se dan na autovía A-8, o tráfico desta vía de alta capacidade é desviado pola N-634, unha estrada construída na década dos 90”, manifestan.

Dende o goberno local consideran que “o seu uso como desvío alternativo á autovía A-8 ao seu paso por Mondoñedo, é motivo suficiente para actuar con urxencia na reparación desta vía para poder soportar todo o tráfico en condicións de seguridade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...