A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) organizará varias actividades na bisbarra dentro da celebración da Semana Europea da Formación Profesional (FP), do 1 ao 3 de outubro.
Un profesor danés ofrecerá charlas no CIFP Porta da Auga de Ribadeo e no IES María Sarmiento de Viveiro sobre o funcionamento da FP en Dinamarca.
O docente, profesional do centro College 360 e coordinador a nivel nacional dun programa de formación de alumnado, tamén visitará a empresa Hermanos Rega, en Alfoz, e unha fábrica de embarcacións náuticas de aluminio en Barres, Asturias.
PRÁCTICAS DE CARROCERÍA
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, e Isidro Berdeal, director do Porta da Auga, presentaron as actividades. O mércores, día 3, o centro ribadense pechará os actos cunhas clases prácticas na área de carrocería.