InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa seguirán "apertando" con "mobilizacións e na rúa" por...

Os traballadores de Alcoa seguirán “apertando” con “mobilizacións e na rúa” por unha solución para Aluminio

O comité expuxo este luns ao persoal nunha asemblea as chaves do acordo coa multinacional para adiar o período de consultas a fin de afrontar unha venda a Liberty House

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/Axencias. Os traballadores de Alcoa San Cibrao van seguir “apertando” con mobilizacións ata conseguir unha solución para a planta de aluminio da Mariña, fábrica sobre a que planea un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) cuxo período de consultas está suspendido ata o 28 de setembro, coa intención de que antes frutifique unha venda das instalacións á británica Liberty House.

Na tarde deste luns, os traballadores celebraron unha asemblea ante os locais do comité de empresa na planta da Mariña, na que se explicou ao persoal “a problemática de toda a negociación”, aínda que “houbo unanimidade en todas as posturas”.

Os sindicatos expuxeron a proposta de Alcoa, que segundo as centrais consistía en aparcar o período de consultas do despedimento colectivo para abordar unha venda, a condición de que de non concretarse a operación nun prazo de seis semanas se executase sen negociación a parada de cubas.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, avanza que van seguir “con mobilizacións e na rúa” neste seis semanas de prazo abertas para que Alcoa negocie con Liberty House a venda da factoría de aluminio de San Cibrao, mentres se estenden ata o 28 de setembro as consultas do ERE.

“Sabemos que imos ter que seguir apertando para conseguir que ao final leve a cabo esa venda”, explicou Zan. Por iso, demanda que “as administracións se envorquen e obriguen a Alcoa a que, dunha vez por todas, desista da súa actitude de peche“.

OS SINDICATOS CALCULAN QUE O PROXECTO DE LIBERTY PODERÍA SUPOÑER OUTROS 1.000 EMPREGOS

Resalta que a proposta de compra de Liberty House tamén inclúe a posta en marcha dunha planta de coxeneración coa que producir electricidade ‘verde’ para facer aluminio, o que “crearía 1.000 postos de traballo durante os dous próximos anos“, ademais de manter os existentes.

Por todo iso, esixe a Alcoa que, “ou ben poña encima da mesa un plan de viabilidade a longo prazo, ou deixe a outro” apostar polo futuro da planta. De momento, os traballadores non teñen constancia de como evolucionan os contactos entre a multinacional estadounidense e Liberty House.

Á ESPERA DA REUNIÓN DA MESA PARA FISCALIZAR A OPERACIÓN

Por agora tampouco hai cita para a reunión da mesa multilateral que deberá fiscalizar o proceso de venda, un encontro que en principio debera ser de periodicidade semanal, aínda que a evolución das negociacións marcará as datas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...