IniciosociedadeO 'tren de borrascas' deixa ventos de máis de 100 km/h en...

O ‘tren de borrascas’ deixa ventos de máis de 100 km/h en Viveiro

A localidade mariñá rexistrou o segundo refacho máis forte da xornada en Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O ‘tren de borrascas‘ provocado polo chorro polar, que circula a latitudes máis baixas do normal e deixará ventos de máis de 80 quilómetros por hora (km/h), ondas de catro metros e choivas intensas en Galicia, o Cantábrico e noroeste de Castela e León, deixou na Comunidade galega nas primeiras horas deste mércores ventos de máis de 105 quilómetros por hora en Cedeira e 101 en Viveiro.

Segundo os rexistros publicados por Meteogalicia ata as 10.30 horas deste mércores, os refachos de intensidade máxima das primeiras horas corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros. En concreto, rexistráronse 105,4 km/h ás 3.10 horas en Cedeira e 101,5 km/h ás 7.10 horas en Viveiro; mentres que en Vimianzo o vento alcanzou 92,5 km/h e 89,8 en Arteixo. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...