IniciosociedadeRibadeo sumou este verán 365 prazas gratuítas coa apertura do aparcadoiro de...

Ribadeo sumou este verán 365 prazas gratuítas coa apertura do aparcadoiro de Ramón González

Ademais do espazo recén inaugurado, o Concello mellorou outro próximo á estación de autobuses, e ampliou o sitio no párking da rúa Julio Lazúrtegui

Publicada o

- Advertisement -

Esta semana entrou en funcionamento o novo aparcadoiro situado na rúa Ramón González, en Ribadeo, tras as labores de adaptación realizadas na zona e para facilitar a saída pola rúa Deputación. Durante este verán, o Concello creou un total 365 novas prazas de aparcamento gratuítas.

Entre o aparcadoiro que vén de inaugurarse, o situado nas proximidades da estación de autobuses, e a ampliación realizada no párking da rúa Julio Lazúrtegui, creáronse 365 novas prazas. Ademais o Concello fixo traballos de mellora no espazo de estacionamento que está situado entre as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros.

O CAMBIO DE UBICACIÓN DO MERCADO FAI PERDER 170 POSTOS CADA MÉRCORES

Vizoso subliñou que “desde o Concello de Ribadeo o que quixemos facer foi ofrecer unha solución á nova ubicación do mercado na zona do aparcadoiro municipal; ese día ocúpanse as 170 prazas de aparcamento que quedan dispoñibles o resto dos días. 26 postos de estacionamento son os perdidos debido á ampliación das terrazas para os locais hostaleiros”, remarca.

O rexedor en funcións engadiu que “o obxectivo dos traballos realizados desde o Concello de Ribadeo é facilitar todo o que poidamos tanto as veciñas, aos veciños e a quen nos visita, aparcar o máis comodamente posible, dinamizar o tecido comercial e facer a nosa vila o máis accesible posible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...