IniciosociedadeNin Deus se perde A Mariña

Nin Deus se perde A Mariña

Unha das contas anónimas máis célebres de Twitter, un fake da divinidade que conta con máis de 500.000 seguidores, gaba os atractivos de Foz e o festival Bal y Gay

Publicada o

- Advertisement -

Se o poder temporal en Twitter está na man da réplica de Kim Jong Un, a conta-parodia do dictador asiático que ten case 65.000 seguidores, non hai dúbidas sobre quen é o dono do poder espiritual: o Deus tuiteiro acumula 531.000 ‘followers’. Un dos usuarios anónimos máis célebres da rede social dos 140 caracteres vén de facerlle unha chiscadela á comarca da Mariña e especialmente ao festival Bal y Gay, que neste verán está a espallar a música clásica por varios municipios da bisbarra.

Tan divina é a música dos artistas reunidos no festival que o Altísimo non podía faltar. Así, o Deus tuiteiro, con sección propia no diario El Mundo e autor do libro ‘La Biblia según Dios‘, evanxelizou en Twitter sobre o festival e tamén sobre “un lugar máxico, o Pazo do Conde de Fontao de Foz“.

A de hoxe foi a única vez que falou aos seus fieis sobre as bondades do festival e da comarca.

Consultado sobre unha posible entrevista, rexeita esta posibilidade perdoando, como corresponde, o atrevemento: “Bendito sexas; agradézocho, pero estou de exercicios espirituais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...