IniciosociedadeO persoal recolle sinaturas tras quedar de novo o centro de saúde...

O persoal recolle sinaturas tras quedar de novo o centro de saúde da Pontenova cun só médico

O alcalde critica que o ambulatorio pontenovés leva tres días cun só facultativo ao non cubrir a Xunta vacacións nin baixas, unha situación que continuará "a vindeira semana"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde da Pontenova, o socialista Darío Campos, denunciou este venres que o centro de saúde pontenovés foi atendido durante tres días desta semana por un só médico ao non cubrirse unha vacante por vacacións ou baixa.

“Cando chegamos ao centro o médico que estaba traballando saíu a un domicilio a realizar unha consulta, polo tanto, no consultorio non había ningún profesional para atender unha posible emerxencia”, criticou o rexedor.

Campos avanzou “que os propios traballadores do centro médico da Pontenova están recollendo sinaturas entre a veciñanza para denunciar esta situación de abandono que sofren por parte do Goberno autonómico de Feijóo. E queremos amosarlles todo o noso apoio nestas lexítimas reclamacións. Demandamos unha sanidade pública, gratuíta e universal para todas e todos”, replicou.

O rexedor lembrou que xa denunciou en reiteradas ocasións a situación pola que atravesa o centro de saúde da Pontenova. “Tal e como denuncian os propios traballadores non se cobren as baixas, nin as vacacións, e esta mesma semana que comeza vai a volver a quedar un só medico xa que non se vai cubrir a súa ausencia”, expuxo. En xullo do 2018, a Xunta pechaba a porta a que se substituíse a un galeno xubilado, e desde entón sucedéronse os períodos nos que o ambulatorio conta cun só facultativo.

O rexedor cualificou esta situación “como moi grave”. Ademais insistiu nas súas criticas “estamos atravesando unha pandemia como a da Covid-19, a sanidade debería ser unha prioridade para o Goberno autonómico, pero para o PP e Núñez Feijóo as súas prioridades non pasan por atender aos concellos do rural lucense”, resumiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...