A asociación As Minas da Pontenova agarda poder celebrar, “sempre que as condicións e as autoridades o permitan”, a décimo cuarta edición do festival do mesmo nome, o vindeiro 12 de decembro. O colectivo doará aos locais de hostalería que así o soliciten a xestión da cea e o bar do día do encontro musical, a fin de “axudar a paliar a crise económica orixinada polo Covid-19”.
A maiores tamén se colaborará co resto de comercios poñendo á súa disposición camisolas (pagadas pola Asociación) e Lotaría de Nadal sendo os beneficios das ventas para os propios negocios colaboradores.
“Desta forma queremos invertir as axudas públicas do festival deste ano (que son de todos) no apoio do comercio da nosa vila”, remarcan desde a asociación, que está disposta “a escoitar calquer tipo de inciativa coa que poidamos colaborar e levar a cabo o fin de semana do festival e que redunde no beneficio dos negocios da contorna”.
CAMISOLAS DE NADAL E LOTARÍA
As camisolas están á venda en Librería Eugenia, Mercería O Vispo, Orly, Daponte, Clínica Son Saúde, A Tenda de Manolo, Bar Puente, Dekor-Eo, Librería Azu e Teresa Roupa para Todos.
A lotaría atópase en Librería Eugenia, Bar Puente, Cafetería Casa da Cultura, Restaurante San Briz, Clínica Son Saúde ou pode tamén solicitarse a calquera membro da asociación.