JUAN MAYA. Un total de 363 autónomos e pequenas empresas de Viveiro solicitaron as axudas que estableceu o Concello, a partir dun pacto para aprobar os orzamentos coa formación independente Por Viveiro, para aliviar o impacto económico do coronavirus. Arredor dun cento de solicitudes proceden do sector da hostalería, un dos máis castigados pola crise.
Poideron acollerse ás axudas as empresas censadas no municipio que tivesen que cesar a súa actividade por mor do estado de alarma. O Concello contemplaba un máximo de 470 peticións, que poderían acceder a un importe equivalente ao de tres cotas mensuais de autónomos, é dicir, uns 850 euros.
O segundo tenente de alcalde de Viveiro, Suso Fernández, pensa que a iniciativa “calou ben” entre os comerciantes e que “toda axuda, aínda que sexa pouca, é benvida”.
Fernández compartiu que agora mesmo están a analizar a documentación aportada e que os solicitantes terán un prazo de dez días para poderen reclamar ou aportar novos datos.
Deste xeito, explicou tamén que a técnica de xestión tributaria leva analizando nos últimos días a documentación e agora xuntarase unha comisión para avaliar unha por unha as solicitudes. “Unha vez feito o primeiro listado teñen dez días para presentar a documentación pertinente ás empresas que lle sexa requerida, despois xa se podería proceder a aprobar os convenios particulares e xa sería concedido o 80% aos que o solicitaron e o 20% cando presenten a liquidación total; os que non, poden xustificar despois o 100%”, aclarou.
A hostalería presentou preto de cen das 363 solicitudes de axudas á reactivación económica en Viveiro
O Concello analizar a documentación aportada e os solicitantes terán un prazo de dez días para poderen reclamar ou achegar novos datos
Publicada o