A cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil seguirá na academia de Operación Triunfo despois de solventar a ameaza de expulsión do concurso. A vocalista galega xogouse unha praza no certame con Alfonso, o outro concursante nominado da Gala 1.
Mentres que Alfonso decantouse por unha peza de John Legend, Sabela elixiu unha canción de Rosa Cedrón, a súa profesora de canto. A vocalista pontesa cantou en galego para millóns de espectadores de toda España.
A súa versión de ‘Benditas Feridas‘ convenceu ao público e valeulle a Sabela a continuidade no concurso.
A única representante galega de OT 2018 impúxose co 78,8% dos votos emitidos polo público, polo 21,2% que recibiu o cantante madrileño.
NOMINADOS
Os nominados da Gala 2 foron Dave e África, que competirán por un posto o vindeiro mércores.