IniciosociedadeO Valadouro quere subministrar aos estudantes do concello máscaras para o curso

O Valadouro quere subministrar aos estudantes do concello máscaras para o curso

O goberno local pediu orzamentos a varios provedores para custear os elementos de protección, "cunha media de 80 lavados que compren todos os requisitos técnicos – sanitarios esixidos"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Valadouro anunciou que estuda a posibilidade de dotar de máscaras a todos os estudantes residentes no concello, tanto do Centro de Educativo de Infantil e Primaria (Ceip), como de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (Eso), Bacharelato e Formación Profesional (FP).

O goberno local estima que “cada alumno deberá utilizar unhas 300 máscaras durante o curso no caso de ser desbotables. Actualmente contamos con varios orzamentos de fabricantes, con elementos de protección totalmente homologados, e cunha media de 80 lavados que compren todos os requisitos técnicos – sanitarios esixidos”, remarca o executivo municipal.

APROBADA A MOCIÓN PARA DOTAR DE WIFI ÁS PARROQUIAS

No pasado xoves celebrouse o pleno ordinario, no que saíu adiante a proposta do BNG para dotar de rede Wifi a totalidade das parroquias do concello. Non así a moción para unha sobre liña de axudas para equipación con ordenadores portátiles para escolares; a formación nacionalista accedeu a agardar ao inicio do curso para levar a iniciativa de novo a unha sesión plenaria para cuantificar cantas familias poderían necesitar as axudas suxeridas, de ata 300 euros como máximo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...