IniciosociedadeAgosto tira de Foz tamén no verán da pandemia, con máis do...

Agosto tira de Foz tamén no verán da pandemia, con máis do 80% de ocupación hoteleira fronte ao 25% de xullo

Preto de 7.500 persoas visitaron as oficinas de turismo do municipio durante a época estival

Publicada o

- Advertisement -

Unhas 7.500 persoas visitaron algunha das oficinas turísticas -tanto a da vila como a da basílica de San Martiño de Mondoñedo– de Foz este verán, das que o 40% pernoctaron no municipio. Así o indicou o concelleiro de Turismo, o socialista Chema Linares, que fai un balance “positivo” da campaña, “dadas as circunstancias que vivimos coa pandemia”. Os meses de xuño e de xullo foron negativos por mor da Covid-19, pero en agosto “houbo unha repunta importante” que satisfixo “á hostalería e o comercio”, explica o edil.

Linares explica que “a desescalada, o desconfinamento por fases e comunidades autónomas, afectou ao municipio xa que a maioría dos turistas proceden de Madrid, onde o proceso foi un pouco máis lento”. O peche da Mariña por mor do brote supuxo “un duro golpe para o turismo, o comercio local, os hoteis e a restauración”, engade.

Con todo, os turistas volveron a Foz no mes de agosto. Linares remarca “o esforzo de promoción turística” realizado polo Concello, a Federación Comercio A Mariña (FCAM) e a Mancomunidade de Municipios, con distintas campañas.

No tocante á ocupación hoteleira, “estivo por riba dun 25% en xullo e dun 80% en agosto, superando en algúns fins de semana o 90%”.

PROCEDENCIAS

Boa parte dos visitantes que recibiu Foz neste verán, máis dun 40%, procedían de Madrid. Tamén abundaron turistas de comunidades como País Vasco, Castela e León, Asturias, Andalucía ou Cataluña. Por suposto, moitas das persoas que se achegaron ao municipio ao longo da tempada estival viñeron doutros puntos de Galicia, unha situación que se repetiu especialmente “durante o mes de xuño, cando estabamos saíndo do confinamento”.

“Desde o comercio e hostalería a sensación que se nos transmite é que o mes de agosto foi realmente positivo”, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...