InicioEconomíaOs usuarios do tren chaman a colectivos e Administracións a reclamar a...

Os usuarios do tren chaman a colectivos e Administracións a reclamar a restitución dos horarios

Alertan de que se trata dunha "necesidade urxente", especialmente para a "mocidade" da Mariña e Ortegal, e esixen a Renfe que fixe un mínimo de seis frecuencias na liña Ferrol-Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo emitiu este martes un comunicado de prensa no que realiza un chamamento a colectivos e Administracións a que apoien a reclamación a Renfe de que mellore os horarios tanto no tren de proximidade da cidade departamental a Ortigueira, como na liña que segue ata Asturias pola Mariña Lucense.

Durante o estado de alarma, Renfe recortou as frecuencias na comarca nun 75%, unha situación que non cambiou nin sequera en verán co aumento de poboación nunha comarca de atractivo turístico, e semella que tampouco en setembro, momento no que os estudantes -tanto os dos centros educativos da comarca como os universitarios- volven ás aulas e moitas persoas aos seus postos de traballo tralas vacacións.

A plataforma remarca que Renfe “non estableceu polo de agora unha data de recuperación”, condicionando a restitución dos servizos “ao aumento da demanda”, “esa que precisamente nin quere recoñecer nin ten medios para coñecer”, salientan desde o colectivo.

Ante a “urxente necesidade” de contar con servizo “nos horarios básicos”, e postos que posto nas comarcas da Mariña e Ortegal “non existe alternativa de transporte público“, ao que se suma “o inminente inicio lectivo na Secundaria e Universidade, fannos ver unha vez máis o desmedido interese de Renfe e das administracións responsables, por destruír definitivamente o noso tren“, subliñan os usuarios.

HORARIOS

“Non alcanzamos a entender cal é o motivo de non manter os horarios máis básicos e usados durante todo este tempo, e ver como se mantiveron en todo o estado de alarma ata agora horarios por si mesmos, illadamente, inservibles para a cidadanía”, lamenta a plataforma, que dunha maneira “máis que desesperada, dada a urxente necesidade de transporte da mocidade das nosas comarcas”, solicita a restitución das seguintes frecuencias:

PROXIMIDADES:
-ORTIGUEIRA-FERROL 6:35
-FERROL-ORTIGUEIRA 20:05

MEDIA DISTANCIA:
-RIBADEO-FERROL 6:55
-OVIEDO-FERROL 7:30
-RIBADEO-FERROL 15:00
-FERROL-RIBADEO 10:45
-FERROL-OVIEDO 15:30
-FERROL-RIBADEO 19:05

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...