- Advertisement -
A
Asociación de Nais e Pais (
Anpa) do
Ceip Caselles Rollán, en
Xove, emitiu un comunicado no que informa que o inicio do curso en Infantil e Primaria,
previsto para este venres, posporase ao non ofrecer as as instalacións “as
medidas hixiénico-sanitarias” para poder comezar a actividade. A
Xunta de Galicia accedeu, a petición da dirección, a un regreso por chanzos, dado que o centro educativo segue
en obras no exterior, o que imposibilitou a organización no interior. Con todo, a Consellería de Sanidade
impuxo que as presentacións se realicen xoves e venres.
UNHA REMODELACIÓN POR CASE 700.000 EUROS
Nunha reunión celebrada o pasado xoves, a Anpa “tratou a situación actual na que se atopa o centro polas
obras que se están a realizar para a mellora de eficiencia enerxética,
reforma da fachada, cuberta e carpintería, novo sistema de
iluminación e renovación de aulas”. Os mencionados traballos, cun investimento de 670.000 euros e un prazo de dous meses e medio, “
comezaron o 21 de xuño“, remarca o colectivo, que concreta que “o
31 de agosto estaban rematadas as tarefas
no interior do edificio”. Daquela contábase, indica o colectivo, “que ía dar tempo de limpar, ordear e sinalizar según se pide no protocolo para que as clases comezasen o día 10 de setembro”.
O centro, segundo precisan as familias, “comunicounos a través da APP Abalar, o día 5 de setembro, que lle pediron a Xefa Territorial de Educación retrasar o inicio do curso uns días, para asegurar unha volta ao cole segura e organizada”. O pasado día 8 a Consellería “permitiu que os días 10 e 11 non comece o curso normal e se faga unha presentación por chanzos e grupos, baixo a responsabilidade do equipo directivo do centro”.
PREOCUPACIÓN E “INSEGURIDADE” NAS FAMILIAS
Os pais e nais do centro educativo xovense aseguran que o pasado mércores comprobaron “que hai carencias na organización das instalacións e non cumpren coas medidas hixiénico-sanitarias que se esixen para o protocolo do Covid-19 para poder comezar as clases. Durante o día de hoxe recibimos numerosas chamadas e mensaxes de familias transmitíndonos a súa inseguridade porque o colexio non está listo para comezar mañá.
Dende o colexio dinnos que precisarían uns días máis para rematar de acondicionar e garantir unha volta ao cole segura para os nosos fillos”, finaliza.
UN COLECTIVO DE DOCENTES ALERTABA DA SITUACIÓN
O colectivo Profesorado en Pé alertaba desta situación nun comunicado en redes sociais do pasado 8 de agosto, queixándose de que “a andamiaxe e o pó fan imposible abrir as fiestras”, “por non falar da presenza constante de persoal alleo ao centro mentres se atopa funcionando”, prevendo que “será imposible realizar a sinalización prescritiva e aplicar o Protocolo Covid-19 ata rematadas as obras“.
SITUACIÓN SIMILAR AOS DOS COLEXIOS DE CERVO OU FOZ NO PASADO EXERCICIO
No pasado curso, o inicio foi convulso nos colexios de Foz e especialmente de Cervo ao non rematarse a tempo as obras de reforma dos edificios. No caso do centro educativo cervense, a Xunta teimou en comezar as clases o 11 de setembro de 2019, na data prevista, malia que continuaban os traballos, o que provocou a protesta das familias, que se negaron a levar aos pequenos á escola ante as condicións nas que se atopaban as aulas. No pasado mes de novembro o Goberno autonómico seguía sen dar unha data de finalización das actuacións.