InicioDeportesO Burela FS abrirá o 4 de outubro a Liga en Vista...

O Burela FS abrirá o 4 de outubro a Liga en Vista Alegre contra o Cartagena

O Inter Movistar visitará a pista do Pescados Rubén o día 14 de outubro, mentres que O Parrulo chegará á Mariña o 14 de novembro e os de Juanma desprazaranse a Ferrol o 2 de abril

Publicada o

- Advertisement -

Tras sete meses exactos, a liga de Primeira División masculina regresará a Vista Alegre coa apertura de 2020-21 e repetindo o último rival. Despois daquela cita de marzo coa xornada 15 aprazada e como antesala descoñecida da suspensión da competición pola pandemia, Jimbee Cartagena volta á Mariña para disputar a primeira xornada ligueira fronte ao Pescados Rubén Burela FS de Juanma Marrube, o 4 de outubro.

“Estamos contentos con poder enfocar a competición, participar na mellor liga do mundo e ante grandes rivais, co fermoso obxectivo de manter a categoría e asentarnos en Primeira, pero tamén sendo moi conscientes da dificultade e o reto das nosas metas”. Así se expresou o técnico do equipo laranxa ao coñecer o calendario publicado esta tarde pola RFEF, que arrincará cun mes moi duro e terá como clausura o 29 de maio de 2021, na casa de novo, con Palma. O cadro insular será precisamente o vindeiro rival do cadro mariñao, neste caso nun amigable de pretempada que se disputará o venres no pavillón burelao ante un máximo de 300 persoas.

CATRO PARTIDOS EN DEZ DÍAS

“A Primeira División é moi dura e os rivais que nos tocan ao inicio así o demostran, con sete xornadas, con enfrontamentos moi esixentes no primeiro mes, con catro partidos en tan só 10 días”, expuxo Juanma. Córdoba Patrimonio de la Humanidad será o primeiro rival a domicilio, na xornada 2, o 10 outubro, antes da visita do potente Movistar Inter a Burela o día 14. Ata o día 31, tocarán os desprazamentos ás pistas de Viña Albali Valdepeñas e Osasuna Magna, ademais de recibir a Futbol Emotion Zaragoza e Industrias Santa Coloma.

O derbi galego, ante O Parrulo, chegará o 14 de novembro, coa xornada 9, e será na Mariña, coa volta na Malata o 2 de abril.

A visita a Barcelona marcará o inicio do Nadal, na xornada 15, con previsión de regreso o 4 de xaneiro para disputar as dúas últimas xornadas da primeira volta, recibindo a Peñíscola Globeenergy e saíndo a Palma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...