A casa da cultura de Figueras, en Castropol, acollerá o 10 de outubro, sábado, a presentación do libro ‘Memoria de Arnao‘, sobre o campo de concentración deste municipio do Occidente de Asturias, onde foron recluídas milleiros de persoas entre 1937 e 1943.
O acto celebrarase ás 18.00 horas, coa presenza da concelleira de cultura, Miriam Moya, e do moderador, Eduardo Lagar, ademais das intervencións de Ramón García Piñeiro, José Antonio Landera e o propio autor do libro, Fernando García Rodríguez, veciño de Figueras e amante da Historia local.
Debido á situación sanitaria por mor do coronavirus, será necesario comunicar antes do 6 de outubro a asistencia para levar un control do aforo, chamando a algún destes teléfonos: 630.68.57.75 ou 985.63.50.01.