Dous novos radares controlarán a velocidade na Autovía do Cantábrico no treito que une Galicia e Asturias a través da Ponte dos Santos. Segundo informou a Dirección General de Tráfico (DGT), o vindeiro luns poranse en funcionamento os dispositivos instalados entre os puntos quilométricos 505,090 e 506,280 –en sentido crecente- e entre o 506,200 e o 505,050 –en sentido decrecente-.
O comunicado da DGT indica que nestes días se están realizando os últimos ensaios nos equipos, xa sinalizados, e que o 15 de outubro comezarán a tramitarse as denuncias polos excesos de velocidade que se detecten neste tramo da autovía. O límite de velocidade está fixado nos 120 quilómetros por hora.
CINCO DETECTORES NA PROVINCIA
A Autovía do Cantábrico conta con outros cinco radares fixos ao seu paso pola provincia de Lugo, entre eles o ubicado no punto quilométrico 528, en Celeiro, no concello de Barreiros, e o situado entre os puntos quilométricos 550 e 545, entre Mondoñedo e Abadín.