O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, pechará as súas portas durante seis meses debido á incerteza ocasionada pola pandemia do Covid-19.
O peche deste establecemento, que conta con 18 habitacións e servizo de cafetería, terraza e restaurante, prolongarase do 30 de setembro ao 10 de marzo de 2021. A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, explica que “unha vez concluída a tempada deste atípico verán, pensamos que a mellor solución pasa por pechar durante uns meses as nosas instalacións. O covid-19 está marcando as nosas vidas e o futuro dos nosos negocios. Por iso é polo que pensemos que o mellor para todos é esta clausura temporal”, explica.
Hermida engade que “volveremos con enerxías renovadas e co obxectivo de seguir facendo o noso traballo da mellor forma posible. Esperamos que no 2021 mellore a situación, en liñas xerais, e que hoteis e restaurante podamos traballar máis e mellor que este ano”, conclúe.