O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o inspector educativo, Javier Suárez, estiveron durante catro días en dous institutos da rama de hostalería de París, onde coñeceron as súas instalacións e o funcionamento deses centros.
Os representantes do centro mariñao, que imparte unha ampla oferta formativa de ciclos medios e superiores de cociña e restauración, puideron coñecer de cerca o funcionamento do sistema educativo francés neste eido.
No instituto Lycée Guillaume Tirel, onde se reuniron co inspector educativo de Formación Profesional, Francis Sellam, e visitaron o Casnav, onde se integran os alumnos non escolarizados en centros franceses e alumnado estranxeiro en tránsito. Ademais comprobaron o funcionamento da orientación escolar.
A experiencia, para familiarizarse con boas prácticas noutros países, desenvolveuse no marco do programa Erasmus+ concedido ao IES de Foz en xuño