InicioCulturaDezasete grupos participarán no Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá

Dezasete grupos participarán no Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá

As oito compañías finalistas representarán as súas obras os sábados e domingos do mes de novembro

Publicada o

- Advertisement -

Dezasete compañías e grupos de teatro afeccionado participarán na segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará no vindeiro mes de novembro. Trátase de sete compañías da Mariña, outras oito do resto da provincia de Lugo e dúas do Occidente asturiano.

OITO FINALISTAS

As compañías inscritas terán que pasar un proceso de selección no que se escollerá aos oito finalistas. As elixidas representarán as súas obras os sábados e domingos do mes de novembro, e optarán aos galardóns establecidos nas bases do certame.

As representacións das obras serán os sábados e domingos de novembro

Entregaranse premios á mellor representación, aos mellores actores e actrices principais e de reparto, á mellor posta en escena e un premio especial outorgado por votación popular. Ademais todos grupos seleccionados recibirán do Concello de Lourenzá unha axuda de 300 euros pola súa participación. A gala de entrega dos premios será en decembro, nunha data aínda por concretar.

OLLOMAO, GAÑADOR DA PRIMEIRA EDICIÓN

O  Colectivo Cultural Ollomao foi un dos mellor valorados na pasada edición do certame. O grupo barreirense obtivo o premio “Conde Santo” á mellor representación mentras que o seu actor Juan de Culán foi elixido como mellor actor.  A mellor actriz foi María Insua de Andanzas, de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...