A Garda Civil emitiu un comunicado no que informa da imputación en calidade de investigado no termo municipal da Pontenova a un veciño de Meira de 30 anos de idade como suposto autor dun delito contra a seguridade vial.
Os feitos tiveron lugar á altura do punto quilométrico 38,700 da estrada N-640, no cal realizouse unha proba de alcolemia co etilómetro de aproximación arroxando a persoa investigada un resultado de 1,16 miligramos/litro (mg/l) en aire espirado.
Por outra banda, o Instituto Armado investiga en Viveiro a un veciño do municipio, de 40 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade vial ao conducir con taxa de alcol en sangue superior á legalmente establecida e baixo os efectos de drogas tóxicas.
A Benemérita indica na nota que efectuou o control tras un accidente de circulación consistente nunha saída de vía do condutor dunha motocicleta e impactar devandito vehículo contra un turismo que se atopaba estacionado nunha estrada do municipio viveirense.
Tralo resultado da análise efectuada, este arroxou os seguintes datos; etanol, 1,86 g/l, cocaína, 2,9 ng/ml, e morfina, 8,1 ng/l.
De acordo coa mesma fonte, a Garda Civil imputou en calidade de investigado no municipio lucense de Ribadeo a un veciño desta localidade, de 46 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade vial.
A persoa investigada foi sometida ás probas de detección alcólica, arroxando un resultado positivo de 1,06 mg/l de aire aspirado.
Finalmente, a Garda Civil imputou en calidade de investigado en Foz a un veciño desta localidade de 42 anos de idade como suposto autor dun delito contra a seguridade vial.
A persoa investigada foi sometida ás probas de alcolemia arroxando un resultado positivo de 1,06 mg/l de aire aspirado. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.