O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, asegurou que o Goberno de España “actuará” se “dentro do interese xeral e do marco legal” hai posibilidades para obrigar a Alcoa, “a través dunha intervención“, a ceder as súas instalacións a un investidor que teña un proxecto viable.
Nunha rolda de prensa ofrecida este luns coincidindo coa folga indefinida que manteñen os traballadores de San Cibrao, o tamén portavoz dos socialistas galegos na Cámara autonómica, sinalou que se trata dunha “loita” entre o Estado e unha multinacional que, como lembrou, “recibiu millóns de euros” públicos de “forma continua” e que “agora tenta manter” unha “posición predominante“.
“A decisión de Alcoa de non vender a Liberty House faise con mala fe e despois de non cumprir cos requisitos mercantís aos que a empresa se obrigou desde agosto para dar unha solución”, indicou. Os obreiros reivindicaron este luns a expropiación da fábrica. Toda a información no Galicia Confidencial.