InicioEconomíaO Estado require a Alcoa información sobre o emprego para ver se...

O Estado require a Alcoa información sobre o emprego para ver se lle concede axudas polo CO2

De cumprir a multinacional cos requisitos, a planta de aluminio tería reservados 8,79 millóns en materia de compensacións por emisións indirectas de dióxido de carbono no exercicio 2019

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo enviou senllos requirimentos a Alcoa e Alu Ibérica Avilés e A Coruña solicitando información sobre a evolución da súa produción e emprego, mes a mes, desde finais de 2018, desagregada por actividades produtivas, para confirmar que cumpren os requisitos das axudas ou compensacións por emisións indirectas de CO2.

A Alcoa, ademais, preguntóuselle pola súa previsión respecto ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que presentou, redución de persoal e persoal final, desagregada por actividade produtiva.

O gabinete dirixido por Reyes Maroto indicou que estes requirimentos se solicitan no marco do proceso de adxudicación da convocatoria do mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro correspondentes ao ano 2019 e en cumprimento da regulación destas axudas.

En concreto, Alcoa, a través da sociedade Aluminio Español, sería adxudicatario de axudas por 8,79 millóns de euros, mentres que Alu Ibérica recibiría algo máis de medio millón de euros. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...