InicioEconomíaO Goberno aprobará un plan de impulso para o hidróxeno renovable que...

O Goberno aprobará un plan de impulso para o hidróxeno renovable que prevé mobilizar 8.900 millóns

O documento favorecería, de acceder Alcoa a unha venda, o proxecto de Liberty House para a planta de aluminio de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

O Consello de Ministros, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, aprobará este martes previsiblemente a ‘Folla de Ruta do Hidróxeno‘, coa que busca impulsar un sector que mobilice 8.900 millóns de euros en investimentos e que será clave para que España alcance a neutralidade climática e un sistema eléctrico 100% renovable non máis tarde de 2050, segundo informaron fontes do Goberno.

O documento, cuxo desenvolvemento está contemplado no Plan Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) 2021-2030, inclúe 60 medidas e fixa obxectivos estatais -aliñados coa Estratexia Europea do Hidróxeno– a 2030.

Entre estes obxectivos estatais do hidróxeno verde a ese horizonte de dez anos, inclúense catro xigavatios (GW) de potencia instalada de electrolizadores -o sistema de produción de hidróxeno renovable empregando enerxías limpas e auga-, o que representa un 10% do obxectivo marcado pola Comisión Europea para o conxunto da UE.

Ademais, fíxase que un mínimo do 25% do consumo de hidróxeno pola industria deberá ser renovable. Na actualidade, a industria emprega a práctica totalidade das 500.000 toneladas de hidróxeno que consome España anualmente. Na súa maioría, o produto utilizado de orixe fósil (ou hidróxeno gris), é dicir, emprega gas natural como materia prima na súa elaboración. Por cada quilogramo de hidróxeno renovable que substitúe a un consumo existente de hidróxeno non renovable, evítanse nove quilogramos de CO2 á atmosfera.

O documento podería beneficiar, de acceder Alcoa a unha venda, a un proxecto de futuro para planta de aluminio por Liberty House. A siderúrxica británica presentou un proxecto aos sindicatos que pasa por abaratar o gasto en enerxía eléctrica coa xeración de hidróxeno verde a partir de fontes renovables.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...