InicioEconomíaA Mariña, entre as áreas percebeiras de Galicia menos vulnerables ao cambio...

A Mariña, entre as áreas percebeiras de Galicia menos vulnerables ao cambio climático

Científicos sinalan as pesqueiras que sufrirán máis o aumento da temperatura atmosférica e do mar e as confrarías con peor capacidade de adaptación ao impacto ecolóxico e económico

Publicada o

- Advertisement -

Un novo estudo científico da Universidade de Vigo identifica as áreas percebeiras de Galicia “máis vulnerables” ao  cambio climático, co conseguinte aumento da temperatura atmosférica e do mar, e as confrarías con peor capacidade de adaptación ao impacto ecolóxico e económico do mesmo, así como aquelas zonas con “maior potencial de recuperación”. Burela fica entre estas últimas, debido en parte “á gran cantidade de vedas implementadas durante o ano (sete meses), e as pesqueiras do Vicedo e O Barqueiro súmanse para situar A Mariña e a súa contorna entre os “niveis máis baixos” de vulnerabilidade.

A investigación tamén analiza a dependencia económica desta especie, que alcanza os seus valores máximos en Aguiño, Ribadeo, Baiona e Muxía. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...