InicioCulturaCastro de Ouro leva as Olimpiadas Parroquiais de Alfoz

Castro de Ouro leva as Olimpiadas Parroquiais de Alfoz

Lagoa foi segunda e Carballido terceira na quinta edición do campionato organizado polo Concello

Publicada o

- Advertisement -

As Olimpiadas Parroquiais de Alfoz, que organiza o Concello, remataron o pasado sábado logo dun mes de probas nas que os veciños -desde os máis novos até os máis vellos- demostraron as súas habilidades para que a súa fegresía levase o ouro.

Durante catro sábados, Adelán, Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, Mor, Pereiro e As Oiras e Vilaúde puxeron toda a carne no asador para ser a mellor parroquia do municipio. Na primeira fin de semana, os participantes afrontaron probas deportivas; na seguinte, tiveron que demostrar as súas dotes artísticas; na penúltima xornada, a organización programou concursos culturais, e os xogos populares pecharon o evento.

A parroquia de Castro de Ouro foi a máis regular e levou o título deste ano, cunha puntuación de 620 tantos. Lagoa obtivo a segunda praza, con 534 puntos, e os veciños de Carballido tamén subiron ao podio, con 500.

As olimpiadas cumpriron neste 2018 cinco anos de andaina e fixérono con boa saúde. Trátase dunha cita divertida que estreita lazos entre os veciños das parroquias e tamén do municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...