O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 460, dous menos ca onte. Nas últimas 24 horas localizáronse 24 positivos novos confirmados por PCR, mentres que se deron 26 altas no mesmo período.
Dos 460 contaxiados, 29 permanecen ingresados; 25 deles no HULA, entre eles os cinco da área lucense que precisan de coidados intensivos. Un paciente con Covid-19 é atendido no Hospital Público da Mariña, dous en Monforte e un no Polusa.
No histórico da provincia documéntanse 91 falecementos, 2.868 altas e 3.419 casos acumulados.
RESIDENCIAS
No tocante ás residencias, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove–:
MAIORES
1 Apartamentos tutelados O Incio
12 Residencia O Incio
130 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
TRABALLADORES
2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
9 Residencia O Incio
20 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)
4.474 CONTAXIADOS NA COMUNIDADE, 95 MÁIS
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.474 (95 máis); deles 766 son da área da Coruña, 460 da de Lugo, 1.512 da de Ourense, 511 da de Pontevedra, 467 da área de Vigo, 621 da de Santiago, e 137 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 39 están en Uci, 198 en unidades de hospitalización e 4.237 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.924 persoas curadas, rexistrándose 786 falecementos. Nás últimas horas produciuse un novo falecemento en centros hospitalarios. Trátase dunha muller de 94 anos falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A falecida presentaba patoloxías previas.
Na xornada de onte rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Os Gozos do Pereiro do Aguiar e trátase dun home, de 84 anos e con patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 553.544.