IniciosociedadeEnsaian con drons autónomos en San Cibrao para recoñecer o terreo antes...

Ensaian con drons autónomos en San Cibrao para recoñecer o terreo antes de actuar en situacións de risco

Axega e ITG realizaron un simulacro para a búsqueda e localización dun pescador en zonas rochosas de difícil acceso

Publicada o

- Advertisement -

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) ensaian con drons autónomos, capaces de despegar e aterrar por conta propia, para o recoñecemento do terreo antes de actuar en situacións de emerxencia nas que exista un grave risco.

A búsqueda e localización dun pescador nunhas rochas de difícil acceso mediante un dron que voa cun alto nivel de autonomía e de forma desatendida. Este foi o simulacro levado a cabo esta mañá en Áncora, o Centro Experimental para Vehículos non Tripulados de San Cibrao. Nesta proba púxose en práctica o ‘DroneSafeBox‘, a tecnoloxía desenvolvida por ITG que permitirá aos drons, cando a lexislación o permita, voar de forma totalmente autónoma.

Durante o simulacro púxose en marcha unha misión de urxencia desde o campo de voo de Áncora. Así, a partir da chamada do accidentado ao 112, Axega ponse en contacto co centro de operación Áncora de ITG, desde onde se activa o mecanismo que fará que un dron, equipado con cámara térmica e visible, despegue do niño de recarga intelixente e autónoma para proceder á monitorización en tempo real da misión.

CENTRO EXPERIMENTAL ÁNCORA

A proba, que supuxo a posta en práctica dun dos casos de uso que permitirá a futura normativa no ámbito dos drons, tivo lugar no Centro Experimental Áncora que ITG xestiona en San Cibrao, nunha parcela cedida polo Concello de Cervo.

Situado a menos de sete quilómetros da base de Salvamento Marítimo de Burela e a 14 do Heliporto Costa Norte, este campo de ensaios para vehículos non tripulados “dispón dunhas condicións inmellorables para realizar probas de integración e validación de operacións coordinadas terra-aire-mar, voos máis aló da liña de vista do piloto (BVLOS) ou nocturnos. Áncora está especializado en UAS lixeiros e ofrece a posibilidade de realizar voos sobre zonas marítimas e condicións extremas de vento e choiva. É neste centro de probas, a disposición das institucións e empresas que o requiran, onde ITG está realizando ensaios de casos de uso como transporte de mercancía lixeira a buques, vixilancia e control de vertidos ou furtivismo ou vixilancia perimetral dunha infraestrutura”, destaca ITG.

Inicio do simulacro. AXM

VILLARES: “SITUAMOS O NOSO MUNICIPIO NO MAPA DA VANGARDA TECNOLÓXICA”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, e do edil de Formación e Emprego, David Rodríguez, presenciou este mediodía o simulacro, xunto a José Antonio Argibay, técnico de Operacións e Loxística de Axega; e Analía López, directora da división de Sensórica e Sistemas Aéreos Non Tripulados de ITG. A realización destas probas, xulgou o rexedor, supón “unha aposta decidida polo I+d+I como valor seguro e con gran proxección de futuro”, como precisou Villares.

O rexedor, que recordou que as conversas co ITG comezaron hai cinco anos, amosou a súa satisfacción ao ver como as propiedades municipais cobran vida propia cunha actividade ademais en potencial crecemento como é o sector dos drons, “que sitúa ao noso municipio no mapa da vangarda tecnolóxica, incrementando substancialmente a nosa visibilidade de cara ao exterior”.

Para o rexedor é fundamental facilitar a implantación de novas empresas ou servizos no ámbito municipal, como neste caso “é gratificante ver como se diversifica a actividade no noso municipio, abríndose novos nichos de mercado”, subliñou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...