IniciosociedadeCervo convoca unha liña de axudas para os autónomos e as empresas...

Cervo convoca unha liña de axudas para os autónomos e as empresas do municipio

A contía será dun mínimo de 100 euros e un máximo de 850 euros, en función de factores como tenencia ou non de local físico ou o número de obreiros; mobilizaranse 90.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo convoca unha liña de axudas para a reactivación económica e social do municipio dirixida a todas as persoas autónomas –que inclúen ao sector agrario e pesqueiro- e microempresas que exerzan a súa actividade no ámbito municipal.

Así o anunciaron este mediodía o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Facenda, Dolores García Caramés, que debullaron as principais liñas sobre as que se asenta este plan “co que pretendemos poñer o noso grao de area para contribuír a incentivar a actividade en Cervo, e axudar a paliar as graves consecuencias derivadas da Covid-19, que está a golpear seriamente a moitas persoas emprendedoras do municipio”.

CRITERIOS

Cada persoa autónoma recibirá un mínimo de 100 euros e un máximo de 850, en función de factores como a posesión ou non de establecemento físico para o exercicio da súa actividade ou o número de empregados/as ao seu cargo.

Así, tal e como explican, “mobilizaremos 90.000 euros, e cada persoa autónoma con ou sen local recibirá 100 euros, unha contía á que sumará 200 euros se dispón de local; e 200 euros máis se ten entre 2 e 5 traballadores; ou ben 500 euros se emprega a máis de 5 persoas; o que sumaría a contía máxima de 850 euros a recibir”.

Tal e como explica Villares, “deseñamos este plan co obxectivo de chegar a todas as persoas autónomas do noso Concello; sabemos que a contía que o Concello de Cervo lles fará chegar non chegará a compensar, en ningún caso, todo o dano que fixo e está a facer a COVID-19 tamén na faceta económica; pero é un primeiro chanzo nunha carreira de fondo que temos que librar unidos coa confianza de que imos superar a crise sanitaria; e consecuentemente a económica e social que trae aparellada”.

O rexedor quixo animar tamén á cidadanía a que consuma nos establecementos locais “e entre todos facer pobo”; porque nestes momentos máis que nunca “uns precisamos da solidariedade e da empatía cos outros para tirar para diante e superar a situación”.

AS BASES COMEZARÁN A PERFILARSE A VINDEIRA SEMANA

Pola súa banda, Caramés recordou que a estas axudas “súmanse a outras que xa puxemos en marcha nos meses pasados para aliviar a carga dos pequenos/as empresarios. En concreto -recorda- “non se cobrou a taxa do lixo desde mediados de marzo e ata que se levantou a obriga de peche; tamén se facilitou a ampliación das terrazas nos espazos públicos sempre que foi posible; e modificouse a ordenanza para eliminar a taxa de terraza desde o 15 de marzo e durante todo este ano”.

As bases desta nova liña de axudas remataranse de perfilar a vindeira semana e faranse públicas en datas moi próximas para que poidan acceder a elas todas as persoas autónomas do municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...