IniciosociedadeXove quere crear un centro de día no CDR de Cogami en...

Xove quere crear un centro de día no CDR de Cogami en Palmeiro

O goberno local abordou coa agrupación opcións para o cambio de funcionalidade do inmoble, que actualmente ten un uso "baixo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove mantivo unha reunión coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para a creación dun centro de día no actual edificio da agrupación, ubicado na entrada da urbanización de Palmeiro. Así o anunciou o goberno local a través dun comunicado de prensa.

O executivo municipal asegura que o grao de utilización do centro de recursos para as persoas con discapacidade (CDR) Cogami “é baixo“, o que motivou a proposta para acadar un centro de día que “pode constituír un gran servizo” para a veciñanza. Para abordar a viabilidade do proxecto, o alcalde, o popular Demetrio Salgueiro, mantivo unha reunión con Anxo Antón Queiruga, presidente de Cogami Galicia; Enma Castaño, presidenta de A Mariña-Cogami; Víctor Silva, secretario de Cogami; e José Luis Lolo, presidente de Cogami Lugo.

Desde o executivo municipal valoran este inmoble e este emprazamento pois “está moi preto do núcleo urbano de Xove. Trátase dun edificio novo, con moi boas condicións de accesibilidade, moi luminoso e un equipamento excelente; ademáis disto, dispón de amplos aparcamentos exteriores e está moi ben comunicado, cun acceso fácil á nova vía de alta capacidade“, remarcan.

Reunión do alcalde de Xove, á esquerda, con representantes de Cogami no CDR. AXM

TRAMITACIÓN

Segundo explica o Concello, Cogami aclarou na xuntanza que “a titularidade do centro é da Asociación A Mariña-Cogami. Na súa creación participaron o Ministerio de Sanidade, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Fundación Once. Loxicamente, para cambiar a funcionalidade do inmoble, o primeiro paso sería solicitar das institucións antes citadas a autorización para realizar o cambio”, concreta o goberno local.

A partir dese paso, habería que definir o número de anos que se pensa adicar o espazo a centro de día; deixar reservado un espazo para usos da Asociación A Mariña-Cogami; conseguir a homologación, por parte da Xunta, de máis prazas para centro de día, pois actualmente está homologado para 21; a realización dun estudo sobre o número de persoas do termo municipal de Xove que poidesen estar interesados no servizo, un traballo que segundo o Concello realizará o Departamento de Servizos Sociais coa colaboración de Axuda no Fogar.

Con respecto á fórmula de integración do Concello neste proxecto, baralláronse principalmente dúas opcións: a creación dun consorcio, que ambas partes ven “ríxida” porque “os usuarios terían opción de coller paquetes de servizos pechados”; e mediante un convenio, “máis flexible e que permite adaptarse ás necesidades particulares dos maiores”, unha fórmula que Cogami xa aplicou nun centro de características similares en Porto do Son.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...