InicioSucesosInvestigan un condutor que foi por Viveiro con cinco nenos con medio...

Investigan un condutor que foi por Viveiro con cinco nenos con medio corpo fóra do coche

O investigado, veciño de Madrid, circulaba con tres menores asomados polo teito solar e outros dous menores sentados no marco dos portelos

Publicada o

- Advertisement -
A Garda Civil procedeu a investigar a condutor veciño de Madrid como presunto autor dun delito de condución temeraria tras ser difundidas unhas imaxes nas que circulaba con tres menores asomados polo teito solar e outros dous menores sentados no marco dos portelos e agarrados á teitume do turismo.

Así o informou o Instituto Armado, que relatou que tivo coñecemento o pasado mes de agosto da existencia de varios vídeos que circulaban por redes sociais, nos que se podía observar como pola estrada LU-P-6606 (de Augadoce, por Faro, a Fontao) á altura do quilómetro 0,100, no termo municipal de Viveiro, circulaba un vehículo con tres nenos asomados polo teito e outros dous menores sentados nos marcos dos portelos ao lado dereito con medio corpo fóra do coche e agarrados ao teito do vehículo.

Por iso, iniciouse unha investigación dado que os feitos “puidesen ser constitutivos dun presunto delito de condución temeraria”, indicaron as mesmas fontes, “tendo en conta que o modo de circular do vehículo que aparecía nas imaxes, cos menores con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos, facéndoo con medio corpo fóra do vehículo, sen facer uso de sistema de retención infantil, con evidente risco para a súa integridade física“.

Tras tomar declaración a media ducia de testemuñas, asegurou a Benemérita, “obtívose información suficiente sobre a identidade do condutor do vehículo”, que resultou ser “o pai de tres dos menores”, de 41 anos e veciño de Madrid.

PENAS DE PRISIÓN DE SEIS MESES A DOUS ANOS

As dilixencias e a persoa investigada foron postas a disposición do xulgado de Instrución de garda de Viveiro.

A Garda Civil lembra que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor “con temeridade manifesta e pondo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas está castigado” no Código Penal coas penas de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...