IniciosociedadeActivada a alerta vermella na Mariña por temporal costeiro

Activada a alerta vermella na Mariña por temporal costeiro

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 8 a 9 metros

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia vén de activar a alerta vermella por temporal costeiro nos litorais oeste e noroeste da Coruña e na Mariña Lucense.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro deu comezo esta tarde. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 8 a 9 metros.

Cómpre recordar que, ata agora, estaba vixente a alerta laranxa en todo o litoral galego. Agora, o noroeste e oeste da Coruña e Lugo pasan a alerta vermella, mentres que se mantén o aviso laranxa para o suroeste da Coruña e Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...