IniciosociedadeA Deputación promete apoio para arranxar Os Garitos, pola que polemizan PP...

A Deputación promete apoio para arranxar Os Garitos, pola que polemizan PP e Concello

Mentres que o alcalde critica o "silencio" do Goberno autonómico, requerido desde principios de ano, os conservadores ribadenses din Suárez Barcia vive "nun martirio irreal"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo e mailo Partido Popular polemizaron de novo a raíz das obras precisas na estrada dos Garitos, que discorre paralela á vía de Feve e asume unha importante cantidade de tráfico pesado, especialmente madereiro, ao tempo que é utilizada polos viandantes. Ante o “silencio e a falla de apoio” da Xunta de Galicia, o goberno local pediu colaboración á área de Medio Rural da Deputación, que ostenta a concelleira nacionalista na corporación Mónica Freire, para acometer as obras, orzamentadas en 360.000 euros. O PP acusa ao alcalde, o tamén frontista Fernando Suárez Barcia, de vivir “moi cómodo nun martirio irreal” con respecto do Goberno autonómico.

O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, e a deputada de Medio Rural visitaron a estrada dos Garitos, acompañados dos concelleiros de Medio Rural e Desenvolvemento Local, Jesús Mundiña e Pablo Vizoso.

PETICIÓNS DE APOIO

O rexedor ribadense declarou que “logo de constatar a mala e a perigosa situación deste vial dos Garitos, e que incluso o PP de Ribadeo se volveu un paladín da súa defensa chegando a asegurar nun pleno de febreiro deste ano que os cartos para amañar este vial habían chegar a cano libre ao Concello. E logo de que o pleno da corporación de maneira unánime lle pedira á Xunta de Galicia o compromiso económico que demandan os seus compañeiros de partido, e llelo fixemos chegar en varias ocasións ao longo deste ano, finalmente tivemos un silencio clamoroso ata o día de hoxe”.

Suárez Barcia fixo pública documentación na que require apoio á Xunta tanto no mes de febreiro como no pasado mes de xuño.

O alcalde sinalou que “o certo é que o problema segue aí, polo que agora co proxecto xa redactado polos técnicos municipais, cos permisos tamén sobre o vial na nosa man, decidimos pedir auxilio económico á Área de Medio Rural da Deputación de Lugo para que atendan as nosas peticións. Aquí sen tanto aspavento, sen tanta hiperventilación e sen tanta demagoxia política, estou seguro que han cumprir”, salientou.

Freire dixo que “desde a Área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo entendemos a necesidade que ten o Concello de Ribadeo de amañar este vial. Hoxe puidemos ver in situ a situación lamentable na que se atopa e evidentemente require de actuacións de mellora. Nós, ante o incumprimento das promesas por parte da Xunta de Galicia, imos intentar dar solucións a esta necesidade”.

VEGA ACUSA A SUÁREZ BARCIA DE “PROHIBIR” Á XUNTA “INVESTIR NA ESTRADA”

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Ribadeo e tamén deputado autonómico, Daniel Vega, amosou a súa “indignación” pola “actitude e valoracións” realizadas polo alcalde e a deputada provincial.

“Foi precisamente o popular o que levou este asunto ao pleno municipal e lle confirmou ao rexedor que a Xunta de Galicia dispuña de orzamento para acometer a mellora desta vía. Tal é así que Vega lle comentou ao alcalde nacionalista que se puxese en contacto co Goberno galego para asinar un convenio ou incluso solicitar unha axuda no marco do Plan Urbe. A resposta de Fernando Suárez foi un si”, indican desde o Partido Popular.

Por este motivo, Daniel Vega censura “o cinismo” dos nacionalistas e pregunta directamente “por que o Sr. Suárez lle prohíbe á Xunta de Galicia investir nesta estrada”. O popular lanza esta pregunta porque “ademais, o propio alcalde mantivo recentemente un encontro co delegado autonómico en Lugo e nada lle comentou ao respecto deste asunto”.

Esta situación leva ao popular a concluír que o alcalde de Ribadeo “vive moi cómodo nas manifestacións de martirio irreal de que a Xunta non dá, de que a Xunta non inviste en Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...