InicioEconomíaRego reclama ao Goberno "un calendario concreto" para a intervención de Alcoa...

Rego reclama ao Goberno “un calendario concreto” para a intervención de Alcoa San Cibrao

O deputado do BNG no Congreso lembra que o freo do ERE por medidas cautelares "non evitará o peche da fábrica" e insiste en que a "única solución" é a actuación das Administracións

Publicada o

- Advertisement -

O deputado o BNG no Congreso, Néstor Rego, demandou ao Goberno central que concrete un calendario para a intervención da factoría da multinacional Alcoa en San Cibrao e así “dar cumprimento” ao acordo aprobado na Comisión de Industria da Cámara baixa.

Rego puxo o acento en que o proceso xudicial aberto no TSXG que podería carrexar a imposición de medidas cautelares sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) presentado por Alcoa “non evitará o inminente peche da fábrica”, polo que urxe a dar pasos cara á intervención da factoría.

“O momento desa actuación chegou, a única posibilidade para salvar este sector estratéxico da economía da Galicia e do Estado e miles de postos de traballo é a intervención pública”, aseverou Rego, que advirte que a paralización das cubas deixaría unha situación “irreversible” en San Cibrao.

Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...