O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia de coronavirus na última semana continúa a tendencia á alza ao aumentar un día máis ata situarse en 45, un máis que a xornada anterior. En concreto, segundo o mapa actualizado pola Consellería de Sanidade na mañá deste sábado, subiron ata esta situación os municipios lugueses de Cervo e A Fonsagrada, así como os pontevedreses da Guarda, Mos, A Cañiza e Baiona.
Por contra, descendeu a incidencia en cinco municipios —Lalín, Poio, Gondomar, Cerceda e Xinzo da Limia-, que saen do grupo de localidades en ‘vermello’ no mapa semáforo que cada día actualiza a Consellería de Sanidade, que mantén o nivel máximo de alerta para o sete cidades –A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense-, todas elas pechadas perimetralmente desde o venres.
Os 31 casos localizados na residencia de maiores -26 deles nas últimas 48 horas- provocaron que Cervo entrase en alerta vermella, aínda que non se agarda que se apliquen máis restriccións das estipuladas. Viveiro segue en aviso 2, con entre 14 e 21 casos novos na última semana, mentres que Foz permanece en nivel 1.
Preme aquí para ler a información completa no Galicia Confidencial.