IniciosociedadeViveiro leva a pleno a gratuidade da matrícula na escola infantil a...

Viveiro leva a pleno a gratuidade da matrícula na escola infantil a partir do segundo fillo

O goberno proporá na sesión plenaria do martes o cambio da ordenanza fiscal que regula a prestación do servizo para a bonificación do 100% das tarifas "a partir do mes de xaneiro"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou a través cun comunicado de prensa de que na orde do día do pleno que terá lugar mañá martes, 3 de novembro, inclúese, entre outros temas, a aprobación da modificación da Ordenanza Fiscal número 44, reguladora dos prezos públicos do servizo do centro de atención á primeira infancia, co obxectivo de incluír a bonificación do 100% das cantidades correspondentes á matrícula do segundo fillo ou filla e sucesivos pertencentes á mesma unidade familiar.

Esta bonificación, segundo concreta o goberno municipal, regúlase segundo o establecido na Disposición adicional novena da Lei 7/2019, de 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, sendo o seu establecemento e aplicación voluntarios no caso das escolas infantís de 0-3 anos dependentes das entidades locais.

O financiamento desta bonificación realizase por parte da Xunta de Galicia a través do Plan Concertado; no caso do Concello de Viveiro, que aplica un sistema de copago en contía equivalente á derivada do réxime de prezos establecidos polo Goberno autonómico, a compensación por parte do Executivo galego para a aplicación desta bonificación será pola cantidade íntegra.

15 FAMILIAS BENEFICIADAS

O Concello de Viveiro pretende modificar a ordenanza fiscal reguladora dos prezos públicos da gardería para comezar a aplicar esta bonificación “en xaneiro de 2021, tendo en conta que dadas as extraordinarias circunstancias do presente ano, que motivaron un importante retraso no proceso de inscrición na escola infantil; e polas as dúbidas xurdidas en canto á aplicación do desconto e a falta de concreción orzamentaria -cuestións resoltas pola Xunta de Galicia mediante unha nota aclaratoria en data 28 de setembro de 2020-, non se puido levar a cabo o acordo e modificación da ordenanza para iniciar a gratuidade do segundo fillo en setembro de 2020″, expón o executivo local.

O goberno municipal concreta que “neste momento hai un total de 15 crianzas matriculadas na escola infantil municipal que cumprirían o requisito para a gratuidade por esta bonificación”, que o Concello considera “unha importante axuda para as familias de cara á conciliación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...