IniciosociedadeA provincia bordea os 50 ingresados con Covid-19, 15 deles no Hospital...

A provincia bordea os 50 ingresados con Covid-19, 15 deles no Hospital da Mariña

Na área lucense confirmáronse outros 72 positivos novos; a situación epidemiolóxica a nivel municipal non varía, con Viveiro, Cervo e Burela en alerta vermella e Xove e Foz en nivel 1

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 1.049, 33 máis ca onte, segundo o reconto deste xoves do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 75 novos positivos por PCR. Cabe salientar que os datos ofrecidos son do pasado día 4 ás 18.00 horas.

Dos 1.049 contaxiados, 48 están hospitalizados, seis máis ca onte. O Hospital Público da Mariña atende 15 pacientes de Covid-19, por 30 do HULA, onde fican os cinco pacientes da área sanitaria que requiren de coidados intensivos. No centro hospitalario de Monforte permanecen tres ingresados que contraeron o virus.

No histórico da provincia documéntanse 101 mortes, 3.500 altas e 4.649 contaxiados desde o inicio da pandemia. Realizáronse 83.071 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 938 probas, o 8% delas positivas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipio, o mapa non varía. Viveiro e Burelaque se verán afectados polo peche da hostalería e o confinamento perimetral decretado pola Xunta a partir de, finalmente, as 00.00 horas do sábado-, ademais de Cervo, seguen en alerta vermella por incidencia da Covid-19, os tres con máis de 21 positivos novos nos últimos sete días, mentres que Foz e Xove mantéñense en nivel 1, con entre sete e 14 casos confirmados no mesmo prazo.

Po outra banda, a nivel galego, os contaxios de coronavirus volveron repuntar a unhas horas de que se apliquen as mencionadas restriccións -nun total de 60 municipios- tras confirmarse 734 por PCR nas últimas 24 horas, deles 240 na área de Vigo. Ademais, os casos activos aumentaron noutros 253 ata situarse en 9.895, e increméntanse en todas as áreas salvo nas de Ourense e Santiago.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...