O Concello do Valadouro informou a través das redes sociais municipais de que o Pleno, por unanimidade, aprobou a proposta do goberno local iniciar o expediente para nomear como Fillo Adoptivo do municipio a Enrique Penabad.
Segundo concreta o executivo local, Penabad foi director durante 36 anos no CEIP Santa María do Valadouro, “deixando unha gran pegada no recordo dos seus alumnos, a súa implicación na vida do municipio sempre foi máis aló das aulas implicándose tamén na actividade cultural e deportiva“.
Penabad xubilouse recentemente, recibindo unha cálida homenaxe da veciñanza e da comunidade educativa do centro ao longo das máis de tres décadas de traballo.
A corporación acordou así iniciar o expediente para o nomeamento do que será o primeiro Fillo Adoptivo do municipio.
O docente unirase así a Ramón Gasalla, o “médico dos pobres”, finado no 2019, elexido Fillo Predilecto do municipio desde 2016. O dramaturgo, escritor e actor Manuel Lourenzo ten o mesmo título desde o 2009.