O número de positivos de coronavirus nos centros educativos da Mariña baixa a 28, dous menos dos confirmados na anterior actualización, despois de que se restasen cinco contaxios e se documentasen tres novos. Localizouse un primeiro caso no Ceip Juan Rey de Lourenzá e outro no IES Monte Castelo e no Ceip Caselles Rollán de Xove. Podes consultar o total a continuación:
CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)
BURELA E.I. Burela (Xunta) 1/1/0
BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 6/1/0 (un menos, unha aula pechada)
ESCOLAS INFANTÍS BURELA IES Monte Castelo 5/0/0 (un máis)
BURELA IES Perdouro 2/0/0
FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 1/0/0 (un menos)
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1/0/0 (un menos)
LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1/0/0 (novo)
RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1/0/0
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 2/0/0
VIVEIRO CEP Lois Tobío 1/0/0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 1/0/0 (un menos)
VIVEIRO IES Vilar Ponte 1/0/0
XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 3/2/0 (un máis, 2 aulas pechadas)
XOVE IES Illa de Sarón 2/0/0
Tamén se restou da lista un positivo no IES de Foz.