IniciosociedadeCervo sae da alerta vermella; o Hospital da Mariña atende 15 pacientes...

Cervo sae da alerta vermella; o Hospital da Mariña atende 15 pacientes Covid-19

O número de casos activos de coronavirus na provincia baixa a 1.129, 19 menos ca onte; nas últimas 24 horas confirmáronse 34 positivos novos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.129, 19 menos ca onte, segundo o reconto do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 34 positivos novos por PCR.

Dos 1.129 contaxiados, 59 permanecen ingresados, catro menos ca onte. No Hospital Público da Mariña redúcense en catro os pacientes Covid-19, de 19 a 15. O HULA coida de 38 doentes infectados, entre eles os cinco da área sanitaria que requiren de coidados intensivos, e o centro hospitalario de Monforte de seis.

No histórico da provincia documéntanse 108 falecementos, 3.834 altas e 5.071 contaxios acumulados. O número de PCR realizadas ascende a 88.076, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 655 probas, cando nos últimos días a cifra de análises bordeaba ou superaba as 1.000 unidades diarias.

No tocante á situación epidemiolóxica, Cervo sae da alerta vermella, con entre 14 e 21 novos positivos na última semana, como onte o fixo Burela. Os dous municipios mantéñense en aviso laranxa. Viveiro segue no maior grao de advertencia, con máis de 21 casos localizados nos sete últimos días, mentres que O Valadouro e Foz permanecen en nivel 1, con entre sete e 14 infeccións nese mesmo prazo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...