A Confederación de Anpas Galegas volve cargar contra a xestión da Xunta de Galicia sobre a crise da covid-19. Neste caso, as asociacións de nais e pais centran o foco no incremento do número dos contaxios en aulas e o “terrible descontrol” que ven en relación cos casos confirmados, sospeitosos e compatibles.
Neste aspecto, dirixen as súas críticas contra un caso concreto acontecido no colexio Rosalía de Castro de Lugo, onde -relatan- unha docente deu positivo nunha aula pero o alumnado non recibiu probas nin sequera foi confinado.
Paralelo é o caso que denuncian en Burela, onde unha colaboradora do comedor escolar do CEIP Vista Alegre deu positivo, de novo sen que seguisen novas probas nin confinamento algún. “Como é posible que os os rastrexadores tarden máis dunha semana en poñerse en contacto co alumnado confinado para facer a PCR ou o seguimento? Ou o caso, aínda máis absurdo, de chamar a alumnado non confinado (que deberan estalo) para dicirlles que podían saír do confinamento?”, pregúntanse as Anpas. Le a información completa no Galicia Confidencial.